Primeiro de Maio


Un abismo separa as mobilizacións do Chicago de 1886 dos rituais en que se converteron as lembranzas daquela mobilización histórica. E está ben, porque na lembranza sempre hai algo de riual. O abismo non se abre aí. Ábrese en múltiples dimensións, en case todas, pero principalmente na que toca ao traballo.

2013_5_1_PHOTO-52ec87a444c3420408815f91e420af15-1367399131-6

Os Mártires de Chicago non pedían emprego e salario digno. Pedían menos traballo. Nin sequera esixían estabilidade, como ían esixir estabilidade para unha condición de vida aborrecible. Pedían menos traballo. Reclamaban os tres oitos: oito horas de traballo, oito de descanso e oito de lecer. Morreron por conquistar tempo. Máis tempo de lecer e descanso, menos traballo.

Algo terrible pasou en todo este tempo, que esquecemos aquela esixencia vital básica. De tal maneira se fixo invasiva a hexemonía do capitalismo que nos obrigou a pedir o contrario daquilo polo que morreron os mártires de Chicago. E vémonos, ano tras ano, asalariadas e asalariados, con ou sen emprego, pedindo salarios xustos. Coma se ese oxímoro puidera resolverse satisfactoriamente. Eles sabían que non hai salario xusto. Nós, non. E iso fai parte da nosa derrota colectiva. Da derrota que cómpre reverter. De dúas maneiras: crebando a fragmentación e recompoñendo a idea do traballo asalariado como forma de escravitude. Unidade contra o traballo asalariado. Aquela foi a escena na que caeron os mártires de Chicago polos que a Internacional fixou o Primeiro de Maio como día do Proletariado. Clase en si e para si, dicían Engels e Marx.

Aquel 1 de Maio de 1886, os traballadores que saíron a desafiar a orde do mundo estaban conquistando o dereito a ser libres. O dereito a sermos libres. E ese é un dereito ligado ás dúas condicións anteriores. Desde aquel 1 de Maio, e a pesar de todo, sentímonos algo máis libres.

Porque o desafío e a impugnación do indiscutible son condición para sermos libres.

Iremos igual aos rituais. Contra o traballo asalariado e a prol da unidade. Feliz Primeiro de Maio.  Libres!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s