Unha breve nota arredor do 15 M no seu aniversario


O 15 M foi interpretado por algunhas forzas e persoas próximas, dunha ou doutra maneira, á política profesional e ao réxime de representación como unha intolerable impugnación da política. Un movemento desideoloxizado e antipolítico. Esa interpretación, que aínda pervive, revela unha falta total de comprensión do movemento e desvela ao mesmo tempo moitos outros aspectos interesantes que nos axudan a entender os nosos tempos. 

Mais en realidade o 15 M é unha profunda intervención política. Impugna o réxime de representación, ou sexa, reclama máis política, o que ocorre é que esixe que cambie de mans. Esixe que se transfira dunha oligarquía á multitude. Ao mesmo tempo, impugna as bases económicas do sistema. Todo isto talvez en ocasións de forma máis intuitiva ca analítica, máis espontánea que táctica ou mesmo estratéxica.

O 15 M é, por tanto, un movemento xerminal con potencia para disolver o poder constituído e deseñar un contrapoder que empece a asumir a súa condición de novo poder constituínte. Porque xa sabe que non é suficiente coa impugnación. O movemento é, pois, profundamente político. E, mesmo na súa aparente indefinición ideolóxica e organizativa, en calquera caso, non deixa expresar a realidade que o fai posible e ao mesmo tempo o explica. É a proxección dos movementos que nas correntes internas do réxime e do sistema se producen. A terra é menos firme do que parece. Quen se negue a ver que tras este movemento hai unha razón material coa súa dimensión discursiva pouco comprenderá das condicións que fan posible e esixen a intervención política do común en cada tempo histórico.

Seguir desprezando ou ignorando o movemento do 15 M é un sinal de incomprensión da complexidade deste corpo social que habitamos, do tempo que vivimos, de como se organizan e funcionan as múltiples faces do poder, da base material que nos encirra a actuar. Este movemento, aparentemente de indignación, profundamente político, desobediente e subversivo, declara a falsidade da autonomía do político e enuncia verdades prohibidas, como aquela que nos di que temos dereito a gobernarnos en todos os aspectos da vida, e iso inclúe economía, marcos territoriais e formas institucionais. 

Quixérao ou non o propio movemento, quéirao ou non a esquerda que nin o comprende nin o aprecia, o 15 M é revolución en marcha. Outra cousa é que sexamos capaces as multitudes de dotala dos instrumentos precisos para ir conquistando terreo nesta lo ga guerra de posicións.

En calquera caso, Feliz Aniversario!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s