O Autor

06

Son Antón Dobao, escritor e, de cando en cando, guionista e director.
Nacín en Lugo un 16 de xullo de 1963
Desde 1986 traballo como Asesor Lingüista da TVG. Entre os anos 1995 e 2000, fun Profesor Asociado da materia Libro de Estilo na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Desde a súa fundación, son membro do Comité de Redacción da revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro.

OBRA POÉTICA
Desde o teito da noite (Xerais 1987)
Caderno dos dereitos e das horas (Deputación da Coruña, 1994)
O tempo entre murallas (Xerais 1997)
Materia (Xerais 2005)
Onde o ollar comeza a doer (Sotelo Blanco, 2007)

OBRA NARRATIVA
Incertos (Xerais 2008)
As ilusións estrañas (Galaxia, 2014)

OBRA AUDIOVISUAL
Un Mundo de Historias (miniserie de 7 episodios, da que foi director e guionista), baseada en relatos de Castelao, Rafael Dieste, X.L. Méndez Ferrín, Ánxel Fole, Eduardo Blanco-Amor, Carlos Casares e Ramón Otero Pedrayo
Pataghorobí (produtor executivo), baseada no relato homónimo de Xosé Cid Cabido (2005)
A biblioteca da iguana (director e guionista), baseada no relato homónimo de Xosé Miranda (2005)
O bosque de Levas (director e guionista), baseada na novela homónima de Alfonso Álvarez Cáccamo (2006)
A mariñeira (director e guionista), baseada no relato “A Mariñeira de Quilmas”, de Darío Xohán Cabana. (2007)
O Club da Calceta (director e guionista), baseado na novela homónima de María Reimóndez (2008)
Sinbad (director e guionista) longametraxe cinematográfica baseada na novela Se o vello Sinbad volvese ás illas…, de Álvaro Cunqueiro

TRADUCIÓNS
A granxa dos animais (Animal Farm), de George Orwell, en Edicións Positivas
O vaso de prata (El vas de plata), de Antoni Marí, en Sotelo Blanco
Nove Contos (Nine Stories), de J. D. Salinger, en Sotelo Blanco
Mr. Vertigo, de Paul Auster, en Sotelo Blanco
Ferros e ameixas (Ferros i prunes), de Carles Bellsolà, poesía, en Edicións Xerais
Se comes un limón sen facer xestos (Si menges una llimona sense fer ganyotes), de Sergi Pàmies, en Edicións Xerais

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s